As visitas estan previstas para o venres 25, sábado 26 e domingo 27 de setembro
Organiza o Concello de Camariñas e os horarios previstos son
O venres 25, haberá unha única saída, ás 17.00 horas.
O sábado 26 e domingo 27, haberá dous saídas: Ás 12.00 e ás 17.00
Prazas limitadas a 10 persoas por saída
Necesaria inscrición no Punto de Información Turística de Camariñas.
Teléfono 981 737 204 ou no enderezo electrónico turismo@camarinas.net.
Os e as menores de idade deberán estar acompañados dun adulto.
Deberase levar mascarilla e respectar as normas de distanciamentoÉ unha actividade gratuíta na que poden participar visitantes e veciñanza.
Descubrirán a historia e detalles do casco histórico de Camariñas. E as persoas residentes teñen a oportunidade de compartir experiencias e coñecementos sobre o seu lugar de residencia.