O Concello

Departamentos

* O Concello subministrará mamparas protectoras para instalar nos pupitres dos tres colexios do municipio 04/09/2020

O Concello subministrará mamparas protectoras para instalar nos pupitres dos tres colexios do municipio

  • Sandra Insua e Encarna Liñeiro reuníronse coas directoras dos centros educativos do Areal, da Ponte do Porto e de Camelle para estudar o protocolo de volta ás aulas.
  • O Concello encargarase da limpeza e desinfección diaria dos colexios.    

O Concello de Camariñas subministrará un lote de mamparas protectoras aos colexios do Areal, da Ponte do Porto e de Camelle para que as instalen nos pupitres dos alumnos co obxectivo de facer das aulas un espazo o máis seguro posible.  

A alcaldesa, Sandra Insua, e a concelleira Encarna Liñeiro reuníronse coas directoras dos tres centros educativos para repasar o protocolo da volta ás aulas do inicio do curso escolar 2020-2021, que estará marcado polas medidas de prevención para evitar contaxios pola COVID-19.  

Ademais, no encontro tamén se acordou o protocolo de limpeza que efectuará o Concello nos centros educativos. A empresa encargada destes traballos, en coordinación coa dirección dos colexios, desinfectará diariamente todos os espazos a media mañá no caso do Areal e do colexio e de Camelle e, na Ponte do Porto, tamén fará outra quenda despois de que o alumnado remate de comer no comedor.  

Por último, o goberno local comprometeuse a entregar un bote de xel hidroalcohólico a cada alumno e alumna para que o usen durante toda a xornada.


© by Abertal