O Concello

Departamentos

* O Concello colaborou coas comisións de festas para que puidesen adaptarse á nova normalidade 25/08/2020

O Concello colaborou coas comisións de festas para que puidesen adaptarse á nova normalidade

  • Ante a suspensión da programación das festas o goberno local quixo colaborar axudando no montaxe e na realización de actuacións paralelas cumprindo as medidas de seguridade.
  • A habitual subvención de 20.000 euros dirixida a este tipo de entidades irá a parar ás axudas ao comercio local que publicará proximamente o Concello.  

A crise sanitaria actual provocou que se tivesen que suspender todas as festas do municipio, ao ser imposible cumprir as medidas de seguridade establecidas. Ante esta situación o Concello de Camariñas decidiu colaborar coas comisións de festas dun xeito distinto ao doutros anos para que puidesen adaptarse á nova normalidade.  

Así, os operarios municipais axudaron no montaxe das misas exteriores que si se celebraron e o Concello programou actividades paralelas facendo fincapé sempre no cumprimento das medidas de seguridade. “Sabemos que foi un ano complicado e por iso quixemos axudar en todo o posible a alegrarlle os días festivos aos veciños e veciñas das parroquias e tamén ás distintas comisións de festas”, destacou a alcaldesa, Sandra Insua.  

Ademais, Sandra Insua explicou que “a habitual subvención de 20.000 euros dirixida ás comisións irá a parar ás axudas ao comercio local que publicaremos proximamente grazas ao programa PEL Reactiva da Deputación da Coruña”.  

Programación alternativa  

No San Pedro da Ponte do Porto estiveron os tres grupos de gaitas de Camariñas: Con toda en Banda, Vaiche Boa e Abrindo o Rejo. Ademais tamén actuou a charanga Taquicardia na Rúa.  

Nas festas do Carme de Camariñas tamén actuaron os tres grupos de gaitas do concello e as charangas Mekánica, Os Charangos e BB+.  

En Santa Mariña a charanga Os Celtas, no Carme de Camelle a charanga NBA e Os Santiaguiños, e a charanga BB+ estivo en Xaviña e Arou.


© by Abertal