QUE É “MOCIDADE POLO EMPREGO ?
Un programa mixto de emprego-formación para a mocidade desempregada, preferentemente dos concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo, incluída no Ficheiro Nacional de Garantía Xuvenil que cumpra os requisitos que se establecen. Este programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e promovido polo Concello de Vimianzo en convenio cos concellos de Camariñas e Muxía
QUE DURACIÓN E CANTAS PRAZAS?
O Obradoiro terá unha duración de 12 meses e o alumnado seleccionado asinará un contrato para a formación e o aprendizaxe con salario mínimo interprofesional para formarse e executar as obras previstasA sede estará no Concello de Vimianzo e o inicio previsto é o 15 de setembro de 2020Conta cun total de 16 prazas (8 por especialidade):
· INSTALACION DE ELEMENTOS DE CARPINTERIA(MAMS0108)Certificado de profesionalidade Nivel 2
· DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS CON TECNOLOXIA WEB (IFCD210). Certificado de profesionalidade Nivel 3
QUE MOCIDADE PODE PARTICIPAR?
Persoas entre 18 e 29 anos
· inscritas no ficheiro Nacional de Garantía Xuvenil e código 41 na oficina de emprego
· inscritas como demandantes de emprego no servizo público de emprego
· Con demanda para participar en Obradoiro de Emprego, Escolas Obradoiros ou Casas de Oficio
· Coa titulación/ requisitos formativos obrigatorios para participar
· Que cumpran os requisitos para ser contratadas en formación/aprendizaxe
QUE FORMACION DEBEN TER AS PERSOAS SOLICITANTES?
Para acceder á especialidade de INSTALACION DE ELEMENTOS DE CARPINTERIA (certificado de profesionalidade N.2)Posuer un destes requisitos: