O Concello

Departamentos

* Camariñas destina 41.000 euros para a reurbanización da rúa Insua 20/07/2020

Camariñas destina 41.000 euros para a reurbanización da rúa Insua

  • A actuación servirá para pavimentar a zona, renovar e ampliar a rede de saneamento e instalar unha paralela de pluviais.  

O Concello de Camariñas acaba de sacar a licitación o proxecto para a reubanización da rúa Insua, na parroquia da Ponte do Porto. A actuación, valorada en  41.720,57 euros, servirá para pavimentar a vía e dotar de máis servizos á veciñanza.  

Os traballos inclúen a demolición do actual firme e a aplicación dun novo pavimento de formigón armado, con acabado superficial pulido. No tramo final estenderase unha capa de zahorra artificial. Previamente, substituirase e ampliarase a rede de saneamento existente e instalarase unha rede paralela para a recollida e evacuación de augas pluviais.  

O prazo para presentar ofertas remata o 3 de agosto e o tempo de execución dos traballos é de dous meses desde o inicio das obras.


© by Abertal