· A actuación tamén servirá para dotar de saneamento e recollida de pluviais á zona.
O Concello de Camariñas acaba de sacar a licitación o proxecto para renovar o camiño na zona dos Mollados, na parroquia de Xaviña. A actuación, valorada en 50.076,55 euros, servirá para mellorar o firme e dotar de máis servizos á veciñanza.
Os traballos inclúen o desbroce e limpeza das cunetas e o reasfaltado do camiño mediante aglomerado asfáltico. Previamente, procederase á instalación dunha rede de saneamento e outra paralela para a recollida e evacuación de augas pluviais.
O prazo para presentar ofertas remata o 3 de agosto e o tempo estimado de duración das obras será de 2 meses.