O Concello

Departamentos

* PROCESO SELECTIVO INGRESO CORPOS POLICÍA LOCAL 15/07/2020

PROCESO SELECTIVO INGRESO CORPOS POLICÍA LOCAL

A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 10 de xullo de 2020 unha orde pola que se convoca proceso selectivo para o acceso e ingreso nos corpos da policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso. 

Prazas: 73 categoría de policía, quenda de oposición libre e 18 prazas por quenda de concurso para mobilidade, subgrupo C1 

As prazas non cubertas pola quenda de concurso acumularanse á quenda de oposición libre. 

Os códigos dos procedementos regulados nesta orde é PR461B (oposición libre) e PR461D (concurso) 

Prazo de presentación de solicitudes: 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación no DOG 

Taxa dereitos de exame: 32.48 € (consultar na orde exencións e bonificacións no aboamento da taxa) 

Requisitos das persoas aspirantes: 

  • Nacionalidade española
  • Ter feitos os 18 anos e non exceder, se é o caso, da idade máxima establecida no artigo 56.1.c) do Real decreto lexislativo 5/2015
  • Estatura mínima de 1,65 metros para os homes e 1,60 metros para as mulleres
  • Estar en posesión do título de bacharel ou técnico.
  • Ser titular dos permisos de conducir das clases A2 e B
  • Non ter sido condenado/a por delito doloso nin separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada. Será aplicable, non obstante, o beneficio da rehabilitación conforme as normas penais e administrativas, que o/a aspirante deberá acreditar mediante o correspondente documento oficial.
  • Compromiso por escrito de portar armas durante o servizo e, se é o caso, chegar a utilizalas nos casos e circunstancias legalmente establecidos
  • Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias dos corpos da policía local 

As persoas interesadas en participaren neste proceso, na quenda de concurso, deberán posuír na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manter os seguintes requisitos:

  • Ter en propiedade a categoría de policía noutros corpos da policía local da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Contar cunha antigüidade mínima de 3 anos nesa categoría e deberalles faltar como mínimo 12 anos para o paso previsto á situación de segunda actividade. 

MÁIS INFORMACIÓN:  

ORDE DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200710/AnuncioG0244-080720-0003_gl.pdf 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746 

margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00


© by Abertal