O Concello de Camariñas pon a disposición dos veciños na súa web electrónica o Plan Municipal de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais do Concello de Camariñas. No documento poderá atopar información respecto ás redes secundarias de faixas de xestión da biomasa (referencia catastral, superficie afectada, planos, etc.).
Nestas faixas será obrigatorio, segundo o artigo 21 da Lei 3/2007, para as persoas responsables xestionar a biomasa vexetal, de acordo cos criterios estipulados nesta lei e na súa normativa de desenvolvemento, nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, arredor de edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais situados a menos de 400 metros do monte e arredor das edificacións illadas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte.
Para solventar calquera dúbida ou recibir máis información, poderá concertar cita previa co técnico municipal no edificio da Casa de Pedra en Camariñas, no teléfono 653 276 989 ou mediante o correo electrónico domingo.canosa@camarinas.net