O Concello

Departamentos

* O Concello de Camariñas informa que xa se pode solicitar facer uso do Ximnasio Municipal 02/07/2020

O Concello de Camariñas informa que xa se pode solicitar facer uso do Ximnasio Municipal

O Concello de Camariñas informa que xa se pode solicitar facer uso do Ximnasio Municipal.

  • Dita solicitude ten varias opcións:

a) A través de cubrir os datos requeridos no seguinte enlace.   FORMULARIO XIMNASIO MUNICIPAL(13-17 xullo)

b) Presencialmente no Concello de Camariñas de 11-12´30h.

Só poderán asistir por cada franxa horaria un máximo de 4 persoas e non poderán estar máis de 2 por cada zona do ximnasio (2 en fitness e 2 en cardio). As solicitudes só se poderán facer para unha semana, polo tanto, cada primeiros de semana hai que volver a solicitar días e horas.

  • É obrigatorio cumprir coas normas de saúde reflectidas na seguinte información:

a) Acceder ao pavillón con mascarilla e puntualmente.
b) Desinfectar calzado e mans na zona destinada para tal fin.
c) Deixar o seu material nunha bolsa que será facilitada na instalación e deixala na taquilla.
d) Desinfectar cada material usado despois de cada uso (os produtos de desinfección estarán á súa disposición)
e) Obrigatorio uso de toalla en cada elemento de traballo.
f) Utlización de luvas de fitness ou similar.
g) Non se facilitará nin esterillas, nin rodillos de descarga. Pódense traer da casa.
h) Non se permitirá o uso dos vestiarios e no suposto de facer uso dos aseos é obrigatorio comunicarllo ao persoal de limpeza.
i) Utilizar os carrís marcados no chan da instalación.
l) Antes de saír da instalación voltar a desinfectar as mans e ser puntual na saída.


© by Abertal