O Concello

Departamentos

* CONVOCATORIA PROBAS AVALIACIÓN COMPETENCIAS CLAVE 07/09/2011

CONVOCATORIA PROBAS AVALIACIÓN COMPETENCIAS CLAVE

CONVOCATORIA PROBAS AVALIACIÓN COMPETENCIAS CLAVE

A Xunta de Galicia vén de convocar no DOG do 5 de setembro de 2011 probas de avaliación en competencias clave para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro da Formación Profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.

Os certificados de profesionalidade son o instrumento da acreditación oficial das cualificacións profesionais do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais no ámbito da Administración laboral, que acredita a capacitación para o desenvolvemento dunha actividade laboral con significación para o emprego e asegura a formación necesaria para a súa adquisición.

Os certificados de profesionalidade terán carácter oficial e validez en todo o territorio nacional e serán expedidos polo Servicio Público de Empleo Estatal e os órganos competentes das Comunidades Autónomas.

O certificado de profesionalidade pódese obter a través da superación de todos os módulos formativos correspondentes ao certificado de profesionalidade, ou mediante a acumulación do módulo de prácticas non laborais e as acreditacións parciais dos módulos formativos asociados ás unidades de competencia que comprenda o certificado de profesionalidade.

O certificado de profesionalidade tamén se poderá obter mediante os procedementos para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación.

Para acceder á formación dos módulos formativos dos certificados dos niveis de cualificación profesional 2 e 3 deberá verificarse que o alumno posúe os requisitos formativos e profesionais suficientes para cursar con aproveitamento a formación.

Ós alumnos que accedan ás accións de formación dos certificados de profesionalidade de nivel 1 de cualificación non se lles esixirán requisitos académicos nin profesionais.

Estas competencias poderanse demostrar a través da superación das probas que organice a administración pública competente.

Estarán exentos 
da realización destas probas:

a) As persoas que estean en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade ó que desexan acceder.

b) Quen desexe acceder a un certificado de profesionalidade de nivel 3 e estean en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional.

c) As persoas que desexen acceder a un certificado de profesionalidade de nivel 2 e estean en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional.

d)As persoas que cumpran o requisito académico de acceso ós ciclos formativos de grao medio para os certificados de profesionalidade de nivel 2 e ós ciclos formativos de grao superior para os niveis 3, ou ben teñan superado as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.

e) As persoas que teñan superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

TODAS AS TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS DARÁN DEREITO A PODER CURSAR CALQUERA CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE (NIVEL 1, 2 E 3)

As competencias clave que se esixirán para os novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3, publicados a partir do 4 de setembro de 2008, dependerán da familia profesional ou área profesional, polo tanto, cada persoa debe ter en conta á hora de face-la solicitude as competencias clave necesarias e o nivel que se lle esixe para os futuros cursos que lle interesa realizar asociados a certificados de profesionalidade.

As competencias clave que se convocan son as seguintes:

• Comunicación en lingua galega.
• Comunicación en lingua castelá.
• Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
• Competencia matemática.
• Competencias en ciencia.
• Competencia en tecnoloxía.
• Competencia dixital.

Prazo de presentación de solicitudes:
 Ata o 28 de setembro do 2011.
Lugar de realización das probas: Recinto feiral de Silleda, en Silleda (Pontevedra).
Datas: 29 de outubro o nivel 2 e 5 de novembro o nivel 3.

NO SEGUINTE ENLACE PODEDES CONSULTAR TODA A INFORMACIÓN RELATIVA ÁS COMPETENCIAS CLAVE ASÍ COMO ALGÚNS EXEMPLOS DE PROBAS

http://traballo.xunta.es/portada-competencias-clave

Para calquera dúbida podedes contactar na Casa de Pedra coa orientadora laboral.


© by Abertal