Dende o Concello informamos, que abrimos o prazo definitivo para inscribirse nos Obradoiros de Conciliación con 65 prazas en cada quenda e nas Actividades Náuticas con 20 prazas en cada quenda. Ambas as dúas actividades desenvolveranse de luns a venres de 10 a 13'30h.
É fundamental que se lean cada un dos documentos que se axuntan, co fin de que todas as persoas interesadas coñezan os pormenores das actividades.
O formulario de inscrición pode ser cuberto dende o ordenador ou dispositivo axeitado e despois imprimilo, ou ben, ten que ser impreso e cuberto a man. Para presentalo por medio do rexistro telemático, deben de estar en posesión da sinatura electrónica, de non ser así, deben presentalo tal e como aparece descrito no documento de información de actividades.
Formulario de inscrición. (Descargar para cubrir)
O documento de pago de taxas, NON HAI QUE PRESENTALO xunto co formulario de inscrición. Unha vez se teña a seguridade de ser adxudicatarias dunha praza das actividades, nese intre será requirido o documento que acredite o pago das taxas.
O documento de exoneración de responsabilidade, SI QUE HAI A OBRIGA DE ASINALO E PRESENTALO xunto co formulario de inscrición.
Documento de exoneración de Obradoiros de Conciliación
Documento de exoneración de Actividades Náuticas
É moi importante que se lea os documentos de información de actividades e o protocolo de actividades.
No primeiro documento, información de actividades, aparecen as datas das quendas, as taxas, as datas de inscrición definitivas e máis información que consideramos de interese para as familias.
Documento información de actividades
No segundo documento, protocolo de actividades, indicamos as normas que rexerán e que son de obrigado cumprimento, por parte dos organizadores e das persoas participantes e familias.
Documento protocolo de actividades
O primeiro día de actividade debe de ser entregada, axeitadamente cuberta e asinada, a declaración responsable que se axunta.
Documento Declaración Responsable.
NORMAS:
Documento Normas