O Concello

Departamentos

* O Concello de Camariñas publica as bases para a contratación de 4 socorristas e 1 enxeñeiro forestal 19/06/2020

O Concello de Camariñas publica as bases para a contratación de 4 socorristas e 1 enxeñeiro forestal

  • Só poderán participar no proceso aquelas persoas desempregadas que estean no listado que envíen desde a oficina de emprego de Cee.  

O Concello de Camariñas publicou hoxe no seu taboleiro de anuncios as bases para a contratación de 4 socorristas e 1 enxeñeiro forestal, procesos que se levan a cabo ao abeiro da subvención concedida pola Consellería de Emprego e Industria da Xunta de Galicia para o fomento do emprego.  

Só poderán participar no proceso aquelas persoas desempregadas que estean no listado que envíen desde a oficina de emprego de Cee, e que será requirido polo Concello no día de mañá, venres 19 de xuño.  

Os interesados ás prazas de socorristas teñen que estar desempregados e apuntados na oficina de emprego de Cee co código bañista-socorrista, código 59921017, categoría profesional 00, técnico e sen categoría laboral determinada.  

Os interesados á praza de enxeñeiro forestal teñen que estar desempregados e apuntados na oficina de emprego de Cee co código  enxeñeiro técnico forestal, código 24251011, categoría profesional 30, xefe de equipo.  

Para máis información, na oficina de emprego só atenden por teléfono no 881 880 480. A orientadora laboral do Concello de Camariñas pode comprobar se unha persoa ten o código requirido anotado pero, no caso de que non o teña, non o pode incluílo.  pódese comprobar


© by Abertal