O Concello

Departamentos

* AXUDAS PARA ALUGUER POLO COVID-19 12/06/2020

AXUDAS PARA ALUGUER POLO COVID-19

Prazo: ata o 30 de setembro de 2020

• Para o alugueiro de vivenda habitual para inquilinos con problemas económico e sociais debidos ao COVID–19 ou para poder pagar os créditos concedidos polo ICO polo mesmo motivo. A subvención pagarase directamente a persoa propietaria.

Requisitos


• Ter a nacionalidade española ou residir legalmente en España.
• Ser titulares dun contrato de alugamento de vivenda cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da referencia catastral, e do medio e forma de pago á persoa arrendadora.
• As persoas integrantes da súa unidade familiar deben esta empadroados na vivenda no momento da solicitude.
• Estar en situación de vulnerabilidade económica:
- Desemprego, ERTE, ou reducise a súa xornada por motivo de coidados, en caso de ser empresario, ou outras circunstancias similares que supoñan unha perda substancial de ingresos, desde a declaración do estado de alarma e ata un mes despois da súa finalización: Ingresos máximos 1.613,52 €, maior en casos de discapacidade e fillos a cargo - Que a Renda + Gastos e subministracións Básicas do mes anterior á solicitude >= 35% Ingresos netos da unidade familiar
- Non ser propietario ou usufrutuario dalgunha vivenda en España, nin parentesco ata segundo grao coa persoa arrendadora da vivenda

Contía e duración
• Ata 500 euros mensuais,
• Se se obtivo financiamento do ICO a axuda poderá chegar ata un importe de 3.000 euros • Máximo, 6 meses ata decembro de 2020, ou desde abril de 2020.

Documentación:

- Contrato de alugamento da vivenda, cunha duración mínima dun ano,
- Extractos ou certificados bancarios, acreditativos do pagamento das últimas tres mensualidades anteriores.
- Certificado conta bancaria da persoa arrendadora.
- De ser o caso, solicitude do financiamento do ICO.
- Xustificación dos ingresos da unidade familiar do mes anterior ao da solicitude
- Documentación acreditativa dos gastos e subministracións do mes anterior
- No seu caso, certificado do cese de actividade por conta propia, certificado da empresa do
- Libro de familia ou documento acreditativo de parella de feito.
- Certificado de empadroamento dos 6 meses anteriores.
- De ser o caso, declaración de discapacidade, dependencia ou de incapacidade permanente.

Máis información e tramitación:
- Área de Desenvolvemento Local do Concello, teléfono 981 73 70 04


© by Abertal