O Concello

Departamentos

* ACREDITACIÓN DAS PERSOAS EN RISCO DE EXCLUSION SOCIAL AOS EFECTOS DA SOLICITUDE DAS AXUDAS URXENTES DE TIPO SOCIAL (AUXS) PARA EVITAR OS CORTES DE SUBMINISTRACION ELÉCTRICA AOS CONSUMIDORES VULNERABLES SERVEROS EN RISCO DE EXCLUSIÓN S 03/06/2020

ACREDITACIÓN DAS PERSOAS EN RISCO DE EXCLUSION SOCIAL AOS EFECTOS DA SOLICITUDE DAS AXUDAS URXENTES DE TIPO SOCIAL (AUXS) PARA EVITAR OS CORTES DE SUBMINISTRACION ELÉCTRICA AOS CONSUMIDORES VULNERABLES SERVEROS EN RISCO DE EXCLUSIÓN S

Para a expedición do informe de risco de exclusión social deberán concorrer algún dos factores de exclusión recollidos no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, cando esa condición supoña especiais dificultades de integración social ou laboral.  

Factores de exclusión:

a) Estar nunha situación de cargas familiares non compartidas.
b) Estar en proceso de rehabilitación social, como resultado dun programa de des habituación de substancias aditivas ou de calquera outra adicción que produza efectos persoais e sociais de natureza semellante.
c) Ter a condición de muller vítima de violencia de xénero.
d) Ser unha persoa vítima de violencia doméstica.
e) Ter unha discapacidade valorada superior ao 33 %.
f) Ser inmigrante ou emigrante retornado.
g) Proceder de institucións de protección ou reeducación de menores.
h) Proceder de cumprimento de pena nunha institución penitenciaria.
i) Ser unha persoa sen fogar ou habitar nunha infravivenda.
j) Pertencer a unha minoría étnica.
k) Estar en proceso de abandono do exercicio da prostitución ou ser vítima de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas.
l) Ter a condición de persoa transexual ou estar en proceso de reasignación sexual.
m) Calquera outro factor non previsto expresamente neste artigo sempre que, ponderado polos servizos sociais comunitarios no contexto persoal, familiar e social da persoa condicione negativa e gravemente a súa inclusión social e laboral. Esta ponderación poderá ser tamén obxecto de avaliación por parte dos técnicos da Comunidade Autónoma.  

Non se vai a valorar a situación económica porque os solicitantes destas axudas xa teñen que ter a consideración de vulnerables severos acreditado na factura eléctrica.  

Para a avaliación do risco de exclusión social terase en conta o núcleo de convivencia que figura no padrón de habitantes con residencia efectiva no domicilio.

Camariñas, 1 de xuño de 2020
A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade,
Begoña Tajes Méndez

Descargas relacionadas


© by Abertal