O Concello

Departamentos

* Visita a centenario 01/06/2020

Visita a centenario

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e a concelleira de Cultura, Encaixe e Turismo, Encarna Liñeiro, visitaron a Crisanto López Castro (12-04-1920), máis coñecido como 'O Tobeiro', que o pasado 12 de abril durante o confinamento cumpriu 100 anos.

Leváronlle un pano de encaixe co número 100 bordado e tamén unha caixa de bombóns e desexáronlle volver a felicitalo o próximo ano.

Moitas grazas á familia por permitir a visita e parabéns a Crisanto unha vez máis!


© by Abertal