O Concello

Departamentos

* PROCESO SELECTIVO AUXILIARES POLICÍA LOCAL 29/05/2020

PROCESO SELECTIVO AUXILIARES POLICÍA LOCAL

A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 29 de maio de 2020 unha orde pola que se convoca o proceso selectivo unitario para a provisión mediante contrato laboral temporal de postos de auxiliares de policía local 

Prazas: 119 

O código do procedemento regulado nesta orde é PR461A. 

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación no DOG. Do 01 ao 12 de xuño (ambos inclusive) 

Taxa dereitos de exame: 25.81€ (consultar na orde exencións e bonificacións no aboamento da taxa) 

Requisitos das persoas aspirantes: 

  • Ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, nos termos previstos no artigo 57 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.
  • Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das tarefas propias do posto
  • Ter cumpridos os 18 anos e non exceder, de ser o caso, da idade máxima establecida no artigo 53.1.c) do Real decreto lexislativo 5/2015
  • Non ter sido condenado/a por delito doloso nin separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin encontrarse na situación dinhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.
  • Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente ou en condicións de obtelo na data en que termine o prazo de presentación de instancias. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán acreditar a súa homologación.
  • Estatura mínima de 1,65 metros para os homes e 1,60 metros para as mulleres 

MÁIS INFORMACIÓN: 

ORDE DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200529/AnuncioG0244-260520-0006_gl.pdf 

ENLACE PROCEDEMENTO SEDE ELECTRÓNICA:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=PR461A 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746 
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00


© by Abertal