A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 27 de maio unha resolución pola que se continúa o prazo de presentación de solicitudes e se adía a realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2020.
Código do procedemento: PL500C
Destinatarios / as:
- Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.
Novo prazo de inscrición:
- Do 28 de maio ao 16 de xuño de 2020
Datas de realización das probas:
- Setembro e/ou outubro 2020 sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 o permita. As datas concretas publicitaranse a través do DOG e da páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística http://www.lingua.gal
As probas desenvolveranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada. As sedes e horarios publicaranse xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas
Contía das taxas de exame: 16,59 €.
Lembrámosvos que as certificacións de lingua galega son obrigatorias para presentarse a algúns procesos selectivos da administración autonómica e local como as listaxes de vinculacións temporais da Xunta de Galicia e, noutros casos eximen de presentarse ao exame de galego como nas listas de Seaga, distintas oposicións da Xunta de Galicia, Servizo Galego de Saúde, prazas nas administracións locais ou poden puntuar en concursos para optar a prazas das distintas administracións públicas.
Recordarvos tamén que para prepara-los exames Celga tedes tres opcións: