O Concello

Departamentos

* Convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación 28/05/2020

Convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación

A Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 28 de maio unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.

Destinatarios / as:
 Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición 
Número de prazas: 180 

Duración:
 12 semanas (190 horas lectivas) 

Modalidade:
 teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT

Datas de realización:
 do 1 de setembro ao 22 de novembro de 2020  

Inscrición:
 na páxina web de CeMIT  https://cemit.xunta.gal  Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico 

Prazo:
 5 días hábiles a partir do seguinte da publicación da resolución no DOG. Do 29 maio ao 4 de xuño (ambos inclusive).

Taxas de exame: 10,63 euros. 
Estarán exentas do pagamento da dita taxa as persoas con dereito a matriculación incluídas dentro dos supostos recollidos no artigo 23.10 da Lei 6/2003, de taxes, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia

Resolución do DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200528/AnuncioG0177-190520-0001_gl.pdf

MÁIS INFORMACIÓN:
 
https://cemit.xunta.gal 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL 
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746 
margarita.seijas@camarinas.net
Luns a venres 8:00 – 14:00


© by Abertal