Procedemento para a tramitación de solicitudes do subsidio de desemprego excepcional por fin de contrato temporal 05/05/2020
Procedemento para a tramitación de solicitudes do subsidio de desemprego excepcional por fin de contrato temporal
Fonte: Servicio Público de Empleo Estatal www.sepe.es
Publicada no BOE de 4 de maio de 2020 Resolución do 1 de maio de 2020 do Servicio Público de Empleo Estatal, pola que se establece o procedemento para a tramitación de solicitudes do subsidio excepcional por desemprego regulado no artigo 33 do Real Decreto-lei 11/2020, de 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19.
Requisitos
A persoa traballadora deberá reunir os seguintes requisitos:
- Encontrarse inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego e subscribir o compromiso de actividade. Durante a vixencia do estado de alarma, a inscrición como demandante de emprego realizarase de oficio polo servizo público de emprego competente, a instancia do SEPE.
- Non contar coa cotización necesaria para acceder a outra prestación ou subsidio por desemprego.
- Ter cesado de forma involuntaria, a partir do 15 de marzo de 2020, nun contrato por conta allea de duración determinada durante o cal existira a obriga de cotizar por desemprego e cuxa vixencia teña sido igual ou superior a dous meses.
- Carecer de rendas, de calquera natureza, superiores ao 75 % do salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
- Non ser perceptora de calquera renda mínima, renda de inclusión, salario social ou axudas análogas concedidas por calquera Administración Pública.
- Non estar traballando por conta propia ou allea a xornada completa na data da extinción do contrato nin na data de nacemento do subsidio excepcional.
Solicitude
Encher o
formulario de pre-solicitude de prestación individual dispoñible na
sede electrónica do SEPE que terá efectos de solicitude provisional, envialo a través da entidade xestora a través da mesma sede.
Así mesmo, poderase presenta-lo formulario a través dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Presentación de solicitudes
O prazo de presentación
empezará o cinco de maio e terminará o día no que se cumpra un mes dende a data na que finalice a vixencia da declaración de estado de alarma, ambos inclusive. Si se presenta fóra do prazo indicado, terase por non presentado.
Duración e contía
O dereito ao subsidio excepcional nacerá a partir do día seguinte a aquel no que se extinguiu o contrato de traballo de duración determinada. En caso de que o período que corresponda ás vacacións anuais retribuídas non se gozara con anterioridade á finalización da relación laboral, o nacemento do dereito producirase unha vez transcorrido o dito período.
A duración será dun mes, ampliable si así se determina por Real Decreto-lei e non poderá percibirse en máis dunha ocasión.
O subsidio excepcional consistirá nunha axuda mensual do 80 por cento do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) vixente e o seu pago realizarase polo Servicio Público de Empleo Estatal a partir do mes seguinte ao da solicitude.
IMPORTANTE: As cotizacións acreditadas pola persoa traballadora correspondentes ao traballo de duración determinada extinguido e as anteriores, se as houbera, consideraranse utilizadas para o recoñecemento do subsidio excepcional, e por tanto, non poderán terse en conta, no seu caso, para o recoñecemento dunha futura prestación.
Pode consultar toda a información no espazo dedicado ao
subsidio excepcional por fin de contrato temporal nas
medidas COVID-19 da web do SEPE.