Convocatoria recoñecemento competencias profesionais.
As persoas que se anotaron á convocatoria pública da Xunta de Galicia segundo a Resolución do 17 de marzo de 2011 (DOG 28/03/2011) para o recoñecemento das competencias profesionais de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio e Atención a persoas dependentes en institucións sociais xa poden consultar a través da páxina oficial da Xunta de Galicia a listaxe definitiva de persoas admitidas e non admitidas.
As persoas admitidas poden consultar nesta mesma páxina o lugar, data e hora da primeira reunión de asesoramento así como as instrucións para acceder ó dito asesoramento.
Para consultar listaxe: http://traballo.xunta.es/portal/contenidos/gl/menu_transversal/formacion_cualificaciones/rexp
Máis información contactar na Casa de Pedra coa orientadora laboral