O Concello

Departamentos

* Camariñas cancela o cobro das taxas das terrazas ata a próxima primavera 04/05/2020

Camariñas cancela o cobro das taxas das terrazas ata a próxima primavera

·        O Concello e a Asociación de Empresarios solicitarán a Portos que faga o mesmo coas taxas que lle corresponden.  

O Concello de Camariñas anunciou onte en Xunta de Portavoces que cancelará o cobro das taxas municipais para as terrazas. A alcaldesa, Sandra Insua, explicou que “este é un primeiro paso para axudar aos hostaleiros a minimizar as perdas que está a supoñer para eles a declaración do Estado de Alarma”.  

Estas taxas estarán canceladas previsiblemente ata a próxima primavera, momento no que se estudiará a idoneidade ou non de continuar aplicando esta exención.  

Paralelamente, o Concello e a Asociación de Empresarios enviarán un escrito conxunto solicitándolle a Portos de Galicia que faga o mesmo coas taxas deste tipo que son da súa competencia “e que en Camariñas son moitas”, destacou a alcaldesa.  

Por último, a rexedora precisou que “esta é só a primeira acción de todas as que vamos a levar a cabo para apoiar ás nosas empresas e autónomos, aos que destinaremos diferentes liñas de axuda que se incluirán no Plan de Reactivación Económica que están a deseñar os ADL”.


© by Abertal