O Concello

Departamentos

* LISTAS SERGAS. ORDE DE PRELACIÓN E PUNTUACIÓN DEFINITIVA EN VARIAS CATEGORÍAS 30/04/2020

LISTAS SERGAS. ORDE DE PRELACIÓN E PUNTUACIÓN DEFINITIVA EN VARIAS CATEGORÍAS

O Servizo Galego de Saúde publicou, a través da Dirección Xeral de Recursos Humanos, unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 29 de abril de 2020 pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categoría de persoal estatutario. 

Categorías:

- Albanel
- Carpinteiro / a
- Celador / a
- Cociñeiro / a
- Costureiro / a
- Grupo auxiliar da función administrativa
- Lavandeiro / a
- Pasador / a de ferro
- Perruqueiro / a- Pinche
- Telefonista

As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es

Ademais o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
 
Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo. Con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano.

As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da súa publicación.  

RESOLUCIÓN DO DOG: 
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200429/AnuncioG0003-230420-0001_gl.pdf  

ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/Recursos-Humanos/Novo-pacto-sobre-selección-de-persoal-estatutario-temporal-no-ámbito-do-Servizo-Galego-de-Saúde-e-entidades-públicas

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal