Publicadas no DOG 17 abril 2020
Non será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de xuño de 2020.
Para a realización de trámites urxentes na demanda de emprego amplíanse os servizos telemáticos á disposición da cidadanía:
– Novo formulario web para a tramitación de altas iniciais.
– Ampliación dos servizos para a reactivación da demanda a través da Oficina Virtual de Emprego Galicia.
Estes dous servizos, xunto coas restantes medidas acordadas pola Xunta de Galicia en favor das persoas demandantes de emprego e os datos de contacto da rede de oficinas de emprego, están dispoñibles no Portal de emprego de Galicia: https://emprego.xunta.gal
Se precisas máis información podes contactar coa orientadora laboral
981737004 – 653260746 margarita.seijas@camarinas.net
ou coa Oficina de emprego de Cee 881880480