Hoxe tivo lugar outra comisión de seguimento da evolución do #Coronavirus en Camariñas. Entre outras cousas, tratáronse os seguintes temas:
➡️ Recordase a existencia do servizo da Axencia Desenvolvemento Local Camariñas para asesorar en materia de axudas e subvencións. Para consumo, vivenda, etc., hai que chamar ao 653 264 990 (Emilio González) e para as axudas a emprendedores e empresas ao 653 258 465 (María Jiménez).
➡️ A Garda Civil pediu a colaboración do Concello para entregar 500 máscaras que lles enviou o Goberno do Estado e que foron entregadas ás empresas do Concello de Camariñas. Non foron suficientes e tivo que completarse o reparto coas elaboradas polas voluntarias de Camariñas.
➡️ Ata o momento a Xunta entregounos 600 máscaras cirúrxicas, 1.000 luvas de nitrilo, 10 botes de xel hidroalcohólico, 10 litros de lixivia e 19 traxes antisalpicaduras. Este material está a repartirse entre o persoal municipal: 8 operarios de servizos múltiples, 3 no camión do lixo, 2 policías
locais, 5 de protección civil e case 18 auxiliares.
➡️ Protección Civil estivo repartindo ordenadores e outro material de traballo entre o alumnado do IES Pedra da Aguia a petición da súa directora. A educadora de adultos poñerase en contacto cos directores dos centros educativos para coordinar o reparto dos libros.
➡️ Desde a última comisión producíronse 0 denuncias e ningunha detención, o que mantén o saldo de denuncias en 8 e de detidos en 0 desde o inicio do Estado de Alarma
➡️ Os operarios municipais seguen traballando na desinfección das vías públicas na entrada dos locais esenciais (supermercados, centros de saúde, farmacias...) e dos contedores de residuos.
➡️ O persoal de limpeza que estaba traballando nos centros educativos, pavillóns, mercado e cemiterio continúa desinfectando e limpando os coches municipais, o almacén e apoiando nas tarefas de desinfección.
➡️ Sisdegal ofreceuse gratuitamente para desinfectar os centros de saúde esta fin de semana.