O Concello

Departamentos

* Solicitude de alta da demanda de emprego ou reactivación durante o estado de alerta 07/04/2020

Solicitude de alta da demanda de emprego ou reactivación durante o estado de alerta

Queres inscribirte como demandante de emprego por primeira vez?  Estiveches anotado/a como demandante  de emprego pero a túa inscrición é anterior ao ano 2005?

Neste enlace podes atopar o formulario de solicitude de alta inicial da demanda de emprego
https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/formulario-alta-demanda.html

Este formulario está deseñado para axilizar os trámites de alta inicial daquelas persoas que nunca estiveron inscritas coma demandantes de emprego ou inscritas antes do ano 2005 e necesitan dar de alta a súa demanda para solicitar unha prestación/subsidio por desemprego, por estar afectadas por un ERTE ou para calquera outro trámite que o requira, como o acceso a ofertas de emprego ou programas de políticas activas.

Se algunha vez estiveches inscrita/o como demandante de emprego (posteriormente ao ano 2005) non será necesario que utilices este formulario. Poderás reactivar a túa demanda a través da Oficina Virtual, ou contactando coa túa oficina de emprego, cuxos datos están ao teu dispor no buscador de oficinas.

Podes ampliar información sobre as restantes medidas extraordinarias adoptadas por Emprego Galicia para paliar os efectos do COVID-19 no seguinte enlace: 
https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/?option=com_content&view=article&id=484 

Se te anotaches con anterioridade pero non sabes a data contacta coa orientadora laboral
981737004 – 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
Luns a venres de 8:00 – 15:00


© by Abertal