O Concello

Departamentos

* IGAPE CREDITOS COVID 19 02/04/2020

IGAPE CREDITOS COVID 19

📍 LIÑA IGAPE CRÉDITOS AVALADOS PARA APOIAR ÁS PEMES E AUTÓNOMOS NO CONTEXTO DO ACTUAL BROTE DE COVID-19 (IG257)  

👉 Para favorecer o acceso a préstamos a longo prazo para acceso a liquidez para as pemes e autónomos cuxas actividades se atopen afectadas polo actual brote de COVID-19  
👉 Deberá formalizarse un préstamo a un prazo de 4 anos, que será aplicado do seguinte xeito:  

1) Un mínimo do 35% do seu principal será aplicado ao pago dos seguintes conceptos de gasto: Pagamentos a provedores de mercadorías, materias primas e aprovisionamentos; Pagamentos a acredores por prestación de servizos, arrendamentos e/ou subministracións; Pagamento de nóminas e seguros sociais; Gastos financeiros operativos; Pago de impostos e Primas de seguros en cobertura de riscos asociados á actividade empresarial.  

2) Un máximo do 65% poderá ser aplicado á cancelación de débedas bancarias e outros conceptos, sempre e cando correspondan a algunha das seguintes modalidades: - Pago de coutas de préstamos, leasing e/ou renting vencidas ou que venzan durante os tres meses seguintes á data de formalización.
- Pago de saldos dispostos de pólizas de crédito, sempre que estas incrementen o seu dispoñible na contía da aplicación do préstamo a esta finalidade, e se manteñan abertas ata o seu vencemento.
- Débedas bancarias vencidas, cuxo vencemento se producise con posterioridade ao 1 de marzo de 2020.
- A comisión do aval así como as achegas ao capital das Sociedades de Garantía Recíproca.  

👉O tipo de xuro nominal anual que poderán cobrar as entidades de crédito para as operacións de préstamo previstas nesta liña será fixo, cun máximo do 1,5%.  

👉Información: - No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es  

👉 Tramitación: As solicitudes de axuda presentaranse mediante o formulario normalizado que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación www.tramita.igape.es        

Más información nas "Descargas relacionadas" ao final deste artigo e na web
www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP393

Descargas relacionadas


© by Abertal