O Concello

Departamentos

* Mesa pola igualdade 09/03/2020

Mesa pola igualdade

O Museo do Encaixe acolleu esta tarde un debate con título "Pioneiras, mulleres mudando o mundo" no que participaron a escritora María Xosé Queizán; Silvia Viqueira de Xornalistas Galegas; a árbitra de fútbol internacional, Zulema González; a armadora e mariscadora, Jaqueline Liste; e a activista feminista, Rosa Gómez Limia. 

A mesa estivo moderada pola ex Secretaria de Estado de Igualdade, Laura Seara; e pola concelleira e ex deputada no Parlamento de Galicia, Encarna Liñeiro. Tamén asistiu a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua.

En palabras de Laura Seara, "foi unha mesa que tivo dúas almas: por unha banda, a da visibilización. Por outra, a da valorización. As nosas reflexións animaron ás demais mulleres presentes, que foron moitas, a aportar as súas vivencias e a compartir con nós un debate moi activo". A ex Secretaria de Estado de Igualdade destacaba tamén que "agora temos unha axenda pendente sobre varias cuestións que se puxeron agora sobre a mesa, e que deberán ter resposta a nivel de Estado, como é a conciliación", destacaba Seara. "Camariñas é coñecida por moitas cousas, e un elemento vertebrador da súa sociedade está feminizado ao 100%. As mulleres teñen un protagonismo fundamental nesta vila mariñeira", concluía. 

Pola súa banda, a alcaldesa de Camariñas quixo "agradecer a presenza masiva de público feminino á esta mesa, así como a asistencia de ilustres mulleres en diferentes ámbitos da vida. É para nós un orgullo que hoxe esteades aquí", concluía a rexedora. 

Lembrar que este martes, ás 16:30 horas, no IES Pedra da Aguia celebrarase un obradoiro con rapazas e rapaces da ESO (un total de 87) con David Fidalgo, nominado aos GOYA, no que se tratará o tema dos estereotipos sexistas no audiovisual.


© by Abertal