O Concello

Departamentos

* Camariñas celebra o 8M, Día da Muller, con cine, coeducación e un debate sobre "Pioneiras, mulleres mudando o mundo" 04/03/2020

Camariñas celebra o 8M, Día da Muller, con cine, coeducación e un debate sobre

·        Debate, reflexión, reivindicación e coeducación centran as actividades organizadas polo Concello para conmemorar o Día Internacional das Mulleres.
·        A escritora Maria Xosé Queizán será unha das protagonistas do debate.
·        O nominado ao Premio Goya David Fidalgo impartirá unha máster class sobre o sexismo no audiovisual.  

Este sábado, 7 de marzo, e con motivo da celebración do 8 de marzo, Día da Muller, Camariñas acollerá un debate sobre “Pioneiras, Mulleres mudando o Mundo” no que participarán a escritora María Xosé Queizán; Silvia Viqueira de Xornalistas Galegas; a árbitra de fútbol internacional, Zulema González; a armadora e mariscadora, Jaqueline Liste; e a activista feminista, Rosa Gómez Limia. A mesa estará moderada pola ex Secretaria de Estado de Igualdade, Laura Seara; e pola concelleira e ex deputada no Parlamento de Galicia, Encarna Liñeiro.  

O debate, ao que está convidada toda a cidadanía, celebrarase no Museo do Encaixe o sábado 7 ás 19 horas.  

Asemade, o IES Plurilingüe Pedra da Aguia acollerá o martes 10 de marzo ás 16:30 unha actividade adicada ao alumnado da ESO cunha Máster Class impartida polo creador David Fidalgo Omil, nominado aos Premios Goya 2020 na categoría de mellor corto de animación con “Homomaquia”. Proxectarase a súa obra ‘Rosa y Azul’ na que se fai unha crítica a través de varios clips de animación sobre o machismo da sociedade actual e posteriormente o director impartirá a charla sobre os estereotipos sexistas da obra e da industria audiovisual.


© by Abertal