O Concello de Camariñas puxo hoxe, sábado 29 de febreiro, punto e final aos festexos do Entroido co tradicional Enterro da Sardiña.
Os actos tiveron lugar na Casa de Pedra cun Velatorio e cunha Marcha Fúnebre coa batucada Malandros, e ás 18 horas, na praza do mercado. Despois, tivo lugar o enterro.
Neste evento colaboraron ‘As Choronas’ e a Asociación Cultural ‘A Caramuxa’.