O Servizo Galego de Saúde vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 21 de febreiro de 2020 unha resolución pola que se publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.
Categorías:
- Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía
- Técnico/a superior en dietética e nutrición
- Técnico/a superior en documentación sanitaria
- Técnico/a superior en hixiene bucodental
- Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico
- Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico
- Técnico/a superior en radioterapia
- Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería
- Técnico/a en farmacia
As listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as coa asignación aos primeiros da puntuación e da orde de prelación provisionais acadadas atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es
Ademais o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia para presentar reclamación ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade.
As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.
Inicio do prazo de inscrición na área especial de críticos da categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermería, de conformidade co acordo da Comisión Central de Seguimento do Pacto, publicado no DOG núm. 19, do 29 de xaneiro de 2020.
Os/as aspirantes da categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría que formalizasen a súa inscrición nas listas desta categoría ata o 31 de outubro de 2019 poderán seleccionar esta área especial no prazo dos dez días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución.
RESOLUCIÓN DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200221/AnuncioG0003-140220-0001_gl.pdf
ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/Recursos-Humanos/Novo-pacto-sobre-selección-de-persoal-estatutario-temporal-no-ámbito-do-Servizo-Galego-de-Saúde-e-entidades-públicas
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00