A Xunta de Galicia vén de convocar no DOG do 26 de febreiro probas de avaliación en competencias clave para acceder ós certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación. As competencias clave que se convocan son as seguintes:
· Comunicación en lingua galega
· Comunicación en lingua castelá
· Comunicación en lingua estranxeira (inglés)
· Competencia matemática
As competencias clave requiridas para todos os certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 son competencia matemática, comunicación en lingua castelá, comunicación en lingua galega.
A competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos certificados de profesionalidade que teñen un módulo formativo en lingua estranxeira (consultar na resolución do DOG)
Código do procedemento: TR306A
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 20 de marzo de 2020
RESOLUCIÓN DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200226/AnuncioG0424-170220-0005_gl.pdf
INFORMACIÓN RELATIVA ÁS COMPETENCIAS CLAVE ASÍ COMO ALGÚNS EXEMPLOS DE PROBAS
http://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese/c/Formacion-ocupacional-e-continua?content=topic_0145.html
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00