A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 12 de febreiro as probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais para o ano 2020.
Carnés profesionais:
- Carné profesional en instalacións térmicas de edificios
- Carné profesional de operador / a de guindastre torre
- Carné profesional de operador / a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A
- Carné profesional de operador / a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B
Habilitacións profesionais:
- Operador / a industrial de caldeiras
- Instalador / a de gas, categoría A
- Instalador / a de gas, categoría B
- Instalador / a de gas, categoría C
- Instalador / a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I
- Instalador / a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II
- Reparador /a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III
- Manipulador / a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados
- Manipulador / a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados
- Manipulador /a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados
- Manipulador /a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.
REQUISITOS:
- Estar en idade legal laboral ou ter a idade mínima que, de ser o caso, poida exixir a normativa sectorial correspondente.
- Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.
TAXAS DE EXAME: 40,77 €
PRAZO:
- Primeira convocatoria: do 17 de febreiro ao 3 de marzo de 2020 (ambos os dous incluídos)
- Segunda convocatoria: do 22 de xuño ao 3 de xullo de 2020 (ambos os dous incluídos)
IMPORTANTE: Na primeira convocatoria non se convocan probas para a obtención de todos os carnés e habilitacións profesionais recollidas nesta orde. Consultar no DOG cales son os convocados.
ORDE DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200212/AnuncioG0534-310120-0001_gl.pdf