Camariñas celebrará o día 8 de marzo a súa IX Carreira Pedestre dentro do 7º Circuíto "Correndo pola Costa da Morte"
· As inscricións poden realizarse en www.correndopolacostadamorte.com.
· Teresa Castro Villaverde foi designada como madriña do circuíto.
O Concello de Camariñas celebrará o día 8 de marzo a súa IX Carreira Pedestre, dentro do 7º Circuíto ‘Correndo pola Costa da Morte’, e para a que xa está aberto o prazo de inscrición. Pode realizarse en www.correndopolacostadamorte.com.
As probas, un total de seis, comezarán ás 10:30 horas. Faráo na categoría absoluta de 3 quilómetros, e terá fins solidarios, xa que os fondos destinaranse á investigación contra o cancro.
A categoría infantil, cadete e xuvenil terá como hora de saída as 10:35. Os 10 quilómetros sénior comezarán ás 11:00 horas. A categoría alevín, ás 12:30 horas, a benxamín ás 12:45 horas e a de pitufos ás 13:00 horas. A entrega de trofeos farase ás 13:15 horas.
Prazo de inscrición
O prazo para inscribirse no 7º Circuíto ‘Correndo pola Costa da Morte’ remata o luns 2 de marzo ás 23:59 horas, e o prezo é de 35 euros. Para inscribirse nas carreiras, rematará ese mesmo luns 2 de marzo, tamén ás 23:59 horas, e o prezo será de 8 euros, co valor engadido de 1 euro si se quere chip. Desde o martes 3 de marzo ata o mércores 4, o prezo será de 11 euros, tamén con 1 euro a maiores polo chip.
Teresa Castro Villaverde foi designada como madriña do circuíto.