· O acto terá lugar ás 12 horas.
· A proba será o 16 de febreiro.
O Concello de Camariñas celebra mañá, sábado 8 de febreiro, ás 12 horas na casa consistorial a presentación oficial do Circuíto da Caramiña de BTT, que terá lugar o 16 de febreiro e que está dentro da Liga Galaica 3 Horas BTT de Resistencia.
No acto estará presente a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa; o presidente da Peña Ciclista Baikers do Vilán, Ramón Martínez; e o secretario da peña, Pedro Romar.