O Concello

Departamentos

* Taller de introdución ao Mindfulness 06/02/2020

Taller de introdución ao Mindfulness

O Concello de Camariñas, a través dos seus Servizos Sociais, lanza un taller de introdución ao Mindfulness, que se celebrará do 4 de marzo ao 22 de abril e para o que é necesario anotarse na Casa de Pedra ata o 26 de febreiro.

O taller, que se desenvolverá os mércores de 10:30 a 12:30 horas na Casa de Pedra, pretende achegar aos veciños e veciñas de Camariñas ao Mindfulness, considerado unha filosofía de vida que inclúe a práctica da meditación xunto a varias técnicas de relaxación. 

Para máis información os interesados ou interesadas poden chamar aos Servizos Sociais do Concello de Camariñas,
no 981 73 70 04, e preguntar pola psicóloga.


© by Abertal