RECOÑECEMENTO COMPETENCIAS PROFESIONAIS 18/12/2019
RECOÑECEMENTO COMPETENCIAS PROFESIONAIS
CONVOCATORIA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL
A Xunta de Galicia a través da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, publicou unha orde no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 12 de decembro de 2019, pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (código do procedemento ED517B)
Cualificacións profesionais:
- Administración e xestión:
· Actividades administrativas de recepción e relación coa clientela
- Actividades de xestión administrativa
- Xestión contable e de auditoría
- Administración de recursos humanos
- Xestión financeira
- Asistencia documental e de xestión en despachos e oficinas
-
Agraria:- Aproveitamentos forestais
- Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas
- Mantemento e mellora do hábitat cinexético-piscícola
- Produción de sementes e plantas en viveiro
- Comercio e márketing:- Actividades de venda
- Organización e xestión de almacéns
- Actividades de xestión do pequeno comercio
- Xestión comercial inmobiliaria
- Implantación e animación de espazos comerciais
- Organización e xestión de almacéns
-
Edificación e obra civil:- Fábricas de albanelería
- Armaduras pasivas para formigón
- Cubricións inclinadas
- Encofrados
- Impermeabilización mediante membranas formadas con láminas
- Pavimentos e albanelería de urbanización
- Revestimentos con pastas e morteiros en construción
- Revestimentos con pezas ríxidas por adherencia en construción
- Colocación de pedra natural
- Instalación de placa de xeso laminado e falsos teitos
- Instalación de sistemas técnicos de pavimentos, empanelados e anteparos
- Pintura decorativa en construción
- Representación de proxectos de edificación
- Control de proxectos e obras de construción
-
Electricidade e electrónica:- Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios
- Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión
- Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas
- Montaxe e mantemento de instalacións de megafonía, sonorización de locais e circuíto pechado de televisión
- Montaxe e mantemento de sistemas de telefonía e infraestruturas de redes locais de datos
-
Enerxía e auga:- Eficiencia enerxética de edificios
- F
abricación mecánica:- Mecanizado por arranque de labra
- Soldadura
- Caldeiraría, carpintaría e montaxe de construcións metálicas
- Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial
-
Hostalería e turismo:- Cociña
- Repostaría
- Pastelaría e confeitaría
- Servizos de bar e cafetaría
- Servizos de restaurante
- Recepción
- Xestión de pisos e limpeza en aloxamentos
- Guía de turistas e visitantes
-
Imaxe e son:- Animación 2D e 3D
- Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos
- Montaxe e posproducion de audiovisuais
-
Imaxe persoal:- Servizos estéticos de hixiene, depilación e maquillaxe
- Coidados estéticos de mans e pés
- Peiteado
- Hidrotermal
- Masaxes estéticas e técnicas sensoriais asociadas
- Tratamentos estéticos
- Peiteado técnico-artístico
- Tratamentos capilares estéticos
-
Industrias alimentarias:- Repostaría
- Panadería e bolaría
- Pastelaría e confeitaría
-
Informática e comunicacións:- Sistemas microinformáticos
- Confección e publicación de páxinas web
- Montaxe e reparación de sistemas microinformáticos
- Operación de redes departamentais
- Operación de sistemas informáticos
-
Instalación e mantemento:- Montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas
- Montaxe e mantemento de instalacións de climatización e ventilación – extracción
- Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas
- Montaxe, posta en servizo, mantemento e inspección de instalacións receptoras e aparellos de gas
- Montaxe e mantemento de instalacións caloríficas
-
Madeira, moble e cortiza:- Mecanizado de madeira e derivados
- Acabamento de carpintaría e moble
- Montaxe de mobles e elementos de carpintaría
- Instalación de mobles
- Instalación de elementos de carpintaría
-
Química:- Operacións en instalacións de enerxía e de servizos auxiliares
- Operacións de movementos e entrega de produtos na industria química
- Ensaios microbiolóxicos e biotecnolóxicos
- Ensaios físicos e fisicoquímicos
- Análise química
-
Sanidade:- Transporte sanitario
- Atención sanitaria a múltiples vítimas e catástrofes
- Farmacia
-
Servizos socioculturais e á comunidade:- Educación infantil
- Educación de habilidades de autonomía persoal e social
- Dinamización comunitaria
- Inserción laboral de persoas con discapacidade
- Mediación comunitaria
- Atención ao alumnado con necesidades educativas especiais (ACNEE) en centros educativos
- Promoción e intervención socioeducativa con persoas con discapacidade
-
Transporte e mantemento de vehículos:- Pintura de vehículos
- Mantemento de estruturas de carrozarías de vehículos
- Mantemento de elementos non estruturais de carrozarías de vehículos
- Mantemento de sistemas de transmisión de forza e trens de rodaxe de vehículos automóbiles
- Mantemento do motor e dos seus sistemas auxiliares
- Mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos
- Mantemento do motor e dos sistemas eléctrico, de seguridade e confortabilidade de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e de edificación e obra civil
- Planificación e control da área de carrozaría
- Planificación e control da área de electromecánica
Requisitos: - Nacionalidade española, atoparse incluído como residente comunitario ou familiar deste, no ámbito de aplicación do Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns da UE, ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
- Ter feitos no momento de realizar a inscrición, 18 anos para as unidades de competencia correspondentes a cualificacións de nivel 1 e 20 anos para as unidades de competencia de nivel 2 e 3.
· Ter experiencia laboral e / ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar.
ü Experiencia laboral: xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, transcorridos antes de realizarse a convocatoria, para unidades de competencia de niveis 2 e 3, e para unidades de competencia de nivel 1, xustificar polo menos 2 anos cun mínimo de 1200 horas traballadas en total. ü Formación non formal: xustificar polo menos 200 horas para unidades de competencia de nivel 1 ou 300 horas para as unidades de competencia dos niveis 2 e 3, nos últimos 10 anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Nos casos en que os módulos formativos asociados ás unidades de competencia que se pretendan acreditar prevexan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes módulos.· Non estar matriculado/a e/ou cursando formación conducente á acreditación das unidades de competencia en que solicite a súa inscrición. Nin estar inscrito/a noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia
Prazo: Dende o
13 de xaneiro ao 7 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos
Importante: a
solicitude de participación no procedemento
deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (
https://sede.xunta.gal) e requirirá cubrir previamente os datos na aplicación informática que se atopa no enderezo
www.edu.xunta.es/acreditacion desde onde deberá xerarse o formulario normalizado.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365
https://sede.xunta.gal/chave 365 Os solicitantes que o necesiten serán asistidos en calquera centro educativo con formación profesional.
As persoas que non posúan DNI, NIE ou certificado electrónico aceptado pola sede electrónica da Xunta de Galicia, deberán xerar e imprimir a solicitude desde a aplicación informática e presentala, xunto coa documentación establecida no artigo 8.2. na secretaría do centro integrado de formación profesional (CIFP) onde se vaia desenvolver o procedemento segundo o recollido no anexo II da orde.
Para o caso de enviarse por correo, o envío da solicitude, deberá ser certificado, co selo de Correos no encabezamento da primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á finalización do prazo de presentación. Deberase xuntar copia da documentación que se precise, que será cotexada cos orixinais na secretaría do centro onde se presenten.
Os/as solicitantes que participasen en convocatorias anteriores dentro dos últimos 5 anos e pasasen á fase de asesoramento e/ou de avaliación ou quedasen como reservas por non dispor de prazas vacantes, de participar na presente convocatoria e na mesma sede, non terán que presentar a documentación xa achegada. Tamén poderán acollerse na aplicación informática á opción de recuperar os datos cargados para actualizalos ou cargar unha solicitude de novo.
ENLACE Á ORDE DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191212/AnuncioG0534-031219-0001_gl.pdf
INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA E APLICACIÓN INFORMÁTICA
http://www.edu.xunta.es/acreditacion
OU CONTACTAR COA
ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00
Descargas relacionadas