O Concello

Departamentos

* Faise pública a lista de memorias seleccionadas para participar no XXVII Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe 17/12/2019

Faise pública a lista de memorias seleccionadas para participar no XXVII Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe

  • O evento terá lugar do 8 ao 12 de abril, durante a celebración da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas.
    O Concello de Camariñas fixo pública hoxe, 17 de decembro, a lista de memorias seleccionadas para participar no XXVII Concurso de Noveis Deseñadores, que se celebrará do 8 ao 12 de abril, durante a XXX Mostra do Encaixe De Camariñas.  

O xurado seleccionou do total de memorias, as dos seguintes deseñadores: Joaquín Ruiz, Nuria Aragón, Noelia Vila, Ester Álvaro, Teresa Germán, Naiara Veiras, Uxía Rodríguez, Lucía Forjanes, Candela Rodríguez, Alba Otero, Sara Alonso, María Mercedes Pereira, Judith Martín, Jaione Ventura, Iria López, José Daniel Teriffe, Isabel María Conde, Anna García, Beatriz Anido, Rebeca Mercado, Josu Santos, Rocío Molina e Alba Cobos, Laura da Silva, Ioan Roba, David Miguel Mato, Flavia Cristina Alves e Violeta Paramio.  

A procedencia dos noveis deseñadores é moi diversa, xa que virán desde Algeciras, Torre del Bierzo, en León; Benavente, Tui, Padrón, Astorga, Cáceres, Alicante, Portugal, Madrid, Granada ou Córdoba. Formáronse nas mellores escolas a nivel estatal.  

Desde o Concello queren “parabenizar a todos os integrantes desta selección final, xa que o nivel das propostas é moi alto e agardamos un dos Concursos de Noveis Deseñadores máis interesantes dos últimos anos”, comentan.

Descargas relacionadas


© by Abertal