O Concello

Departamentos

* O Nadal chegará a todas as parroquias de Camariñas 16/12/2019

O Nadal chegará a todas as parroquias de Camariñas

·        Baile, música, obradoiros, un Scape Room e a visita de Papá Noel e os Reis Magos completan a programación do Nadal de Camariñas  

O Concello de Camariñas presentou a súa programación cultural para este Nadal, chea de opcións para que os máis pequenos o pasen en grande nestas festas. Opcións de baile, música, obradoiros e ata un Scape Room ocupan a variada oferta de actividades elaborada polo goberno local, que chegará a todas as parroquias.  

O programa de actividades dará comezo o 21 de decembro cun festival de ‘Fitness-Danza’ e finalizará coa cabalgata dos Reis Magos do 5 de xaneiro. Papá Noel tamén visitará as parroquias do municipio para coñecer as peticións dos máis pequenos.

Descargas relacionadas


© by Abertal