O Concello

Departamentos

* O pleno aproba bautizar o pavillón de Camariñas co nome de "Víctor Vigo" 02/12/2019

O pleno aproba bautizar o pavillón de Camariñas co nome de

·        Tamén se aprobou solicitar a desafección da escola de Xaviña para destinala a fins socioculturais.  

O pleno do Concello de Camariñas celebrado onte, venres 29 de novembro, aprobou por unanimidade bautizar o pavillón deportivo de Camariñas que pasará a chamarse ‘Pavillón Polideportivo de Camariñas Víctor Vigo’ en recoñecemento da traxectoria do deportista camariñán.  

Ademais, tamén se aprobou por unanimidade solicitar a desafección da escola de Xaviña co obxectivo de acondicionala posteriormente para que poida funcionar como un espazo sociocultural.  

Por último, aprobouse con oito votos a favor do PSOE, catro votos en contra do PP e unha abstención do BNG un recoñecemento extraxudicial de crédito para facer fronte a facturas pendentes.  

Foi rexeitada a moción do BNG para que o paseo marítimo de Camelle leve o nombre de Baña Heim e Man de Camelle, debido aos contratempos burocráticos que supón mudar o nome dunha rúa para a veciñanza (notificacións ao INE, catastro, trámites extra nas herdanzas e ventas, etc). Por contra, adquiriuse o compromiso de poñerlle o seu nome ao futuro pavillón polideportivo que se constrúa en Camelle, dado que, ademais, Baña Heim manifestouse interesado polo deporte.


© by Abertal