O Concello

Departamentos

* Camariñas imparte obradoiros de igualdade ao alumnado de Infantil e Primaria 22/11/2019

Camariñas imparte obradoiros de igualdade ao alumnado de Infantil e Primaria

·        Tiveron lugar no CEIP de Ponte do Porto con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.  

A técnica de Igualdade do Concello de Camariñas impartiu esta semana unha serie de obradoiros de igualdade no CEIP de Ponte do Porto con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se conmemora o luns 25 de novembro.  

Co alumnado de 4º, 5º, 6º de Educación Infantil traballouse mediante a elaboración dun “Cariñograma” con material reciclado. A técnica do “Cariñograma” serve para adestrar a socialización positiva desenvolvendo habilidades emocionais de autocoñecemento e expresión emocional. Deste xeito os nenos e nenas debuxaron mensaxes de cariño e amizade que posteriormente gardaron no “Cariñograma”.  

Co alumnado de 3º e 4º de primaria traballouse mediante a actividade de “Corpos e Accións” coa pretensión de acercar ao alumnado á comprensión do significado de xénero, aprendendo a diferenciar sexo e xénero e cuestionando estereotipos.  

Co alumnado de 5º e 6º de primaria traballouse mediante a actividade do “Bingo da Igualdade”’ coa finalidade de que o alumnado coñeza e domine o vocabulario relacionado coa igualdade de xénero.


© by Abertal