O Concello

Departamentos

* Inician as obras de adecuación do Museo do Encaixe de Camariñas 14/11/2019

Inician as obras de adecuación do Museo do Encaixe de Camariñas

· Consisten na creación dunha nova aula de encaixe, na mellora da accesibilidade e na incorporación dun sistema de control solar deseñado á imaxe do encaixe.
· Está previsto que rematen a próxima semana.  

A semana pasada comezaron as obras de adecuación do Museo do Encaixe de Camariñas, unha actuación valorada en 53.482’77 euros e que o Concello cofinancia co programa LEADER do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural a través do GDR Costa da Morte.  

Os traballos que se levarán a cabo consisten na adecuación do mobiliario e do espazo da sala expositiva da planta baixa para transformala nun aula de encaixe, así como a mellora da instalación lumínica para adecuala ao novo uso.  

Ademais, incorporarase no exterior un sistema de protección solar co obxectivo de controlar a entrada de luz natural na aula. Este sistema estará deseñado en relación á imaxe do encaixe que contribuirá como homenaxe permanente á exaltación e difusión desta tradición.  

Por outra banda, adaptarase a zona de acceso para mellorar a accesibilidade, salvando o desnivel existente mediante unha rampla. A intervención tamén permitirá solucionar os problemas interiores de humidades e crear un itinerario expositivo continuo entre a planta baixa e a planta alta.  

Está previsto que as obras rematen a próxima semana e, posteriormente, anunciarase a data de reapertura do espazo museístico.


© by Abertal