O Concello

Departamentos

* Camariñas organiza obradoiros de prevención da violencia de xénero dirixidos a escolares 11/11/2019

Camariñas organiza obradoiros de prevención da violencia de xénero dirixidos a escolares

·        Están a levarse a cabo cos alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO do IES Pedra da Aguia.  

Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero, o departamento de Igualdade do Concello de Camariñas está a levar a cabo uns obradoiros de prevención da violencia de xénero co alumnado de 3º e 4º da ESO do I.E.S Pedra da Aguia de Ponte do Porto.  

Realizaranse 3 sesións con cada grupo de 3º e 4º da ESO no IES Pedra da Aguia de Ponte do Porto, onde estase a traballar por aulas, en grupos reducidos para que o impacto sexa mais efectivo. Comezaron onte día 6 de novembro e rematarán o día 21 de novembro.  

O traballo preventivo ten por obxectivo facer consciente a mocidade de moitos comportamentos discriminatorios que teñen normalizados a causa da sociedade patriarcal na que estamos socializados para promover un cambio de mentalidades e conseguir unhas relacións igualitarias, solidarias, respectuosas, tolerantes, comprensivas e críticas que promovan, por si mesmas, a erradicación desde violencia específica que sofren as mulleres polo simple feito de selo.


© by Abertal