O Concello

Departamentos

* Rematadas as obras de renovación do firme nos lugares de Sixto, Pións e Covadiña, en Xaviña 14/10/2019

Rematadas as obras de renovación do firme nos lugares de Sixto, Pións e Covadiña, en Xaviña

Destináronse 65.585 euros para o total dos traballos, que teñen o obxectivo de mellorar a seguridade viaria.
Tivo lugar a recepción das obras por parte do goberno local.

O goberno local levou a cabo a recepción das obras de renovación do firme nos lugares de Sixto, Pións e Covadiña, na parroquia de Xaviña. As actuacións, divididas en dous proxectos, supoñen un investimento de 65.585 euros en total e teñen o obxectivo de mellorar a seguridade viaria nestes puntos.  

Por unha banda, o proxecto para a renovación de firmes en Covadiña, que foi adxudicado por 33.013 euros, consistiu na limpeza de marxes e o entubado das cunetas para posteriormente colocar unha nova capa de rodadura formada por 5 cm. de formigón bituminoso.  

Pola outra, en Sixto e Pións os traballos requiriron un investimento de 32.572 euros e tamén consistiron na limpeza de marxes e cunetas e a posterior aplicación dunha capa de firme formada por 5 centímetros de formigón bituminoso.


© by Abertal