· O orzamento desta actuación é de 30.030,26 euros e está incluída no Plan Único da Deputación.
O Concello de Camariñas iniciou as obras de renovación da iluminación na avenida Eugenio López, en Camariñas, e en Lamastredo e Cancela, en Xaviña. As obras, incluídas dentro do Plan Único da Deputación, contan cun orzamento de 30.030’26 euros.
Tanto en Eugenio López como en Lamastredo e Cancela substituiranse as luminarias existentes por outras con tecnoloxía LED, renovando tamén a instalación. En Lamastredo e Cancela as dúas instalacións están próximas entre si e esta actuación tamén servirá para unificalas e que o Concello poida dar de baixa un dos dous suministros.
O obxectivo deste proxecto e continuar co plan de mellora da eficiencia enerxética que se pretende levar a cabo en todo o municipio, substituíndo as antigas luminarias por tecnoloxía LED co conseguinte aforro económico e a diminución da contaminación lumínica.