O Concello

Departamentos

* Amplíanse as horas e o rango de idade do Plan Concello Activo 28/08/2019

Amplíanse as horas e o rango de idade do Plan Concello Activo

·        Este ano, como novidade, nace Concello Activo Kids.
·        No Concello Activo Sénior o horario amplíase a 2 horas semanais.  

O Concello de Camariñas quere fomentar entre os seus veciños e veciñas un estilo de vida saudable. Con ese obxectivo naceu o pasado ano o Plan Concello Activo, que para este curso amplía as horas de realización e o rango de idade que abarca.  

Concello Activo creouse para potenciar a autonomía das persoas maiores na súa vida diaria, ademais de favorecer a súa inserción social e evitar o illamento a través do fortalecemento das relación sociais e a participación. Os destinatarios son persoas maiores de 60 anos e/ou con dificultades físico-motoras, que deben acudir derivados polo médico da especialidade de familia e comunitaria cun informe asinado polo mesmo.  

Neste curso as horas de realización pasarán a ser de 2 horas semanais, dobrando así o ofrecido o pasado ano, e ofertando a actividade a tódalas parroquias do Concello. Este plan comezará no mes de outubro, co resto de actividades municipais e o horario aínda está por determinar.  

Concello Activo Kids  

Por outra banda, como novidade, ante a detección en idades escolares da necesidade de fortalecer aspectos físico-motrices, nace Concello Activo Kids. Trátase dunha actividade na que, en colaboración co servizo de pediatría dos centros de saúde do Concello, promoverá e axudará a un afianzamento das capacidades e habilidades básicas, así como a garantir un desenvolvemento axeitado do individuo.  

Os destinatarios son menores nados entre o ano 2008 e 2011, ambos incluídos, e tamén deben acudir derivados polo seu médico de pediatría.


© by Abertal