O Concello

Departamentos

* Camariñas celebra mañá a ‘Noite dos naufraxios 2019’ 13/08/2019

Camariñas celebra mañá a ‘Noite dos naufraxios 2019’

·        O Cemiterio dos Ingleses acollerá a cita a partir das 23:00 horas, que xa vai pola quinta edición.  

Camariñas vivirá por quinto ano consecutivo unha noite máxica, co gallo da celebración da “Noite dos naufraxios 2019”, que se celebrará mañá, mércores 14 de agosto, a partir das 23:00 horas.  

Un ano máis, o público que se reúna en Santa Mariña poderá seguir explorando a vida de tripulantes e pasaxeiros de barcos afundidos na Costa da Morte. Neste caso, as novas historias son as dos barcos afundidos na Pedra do Porto, en Camelle: Boris Sheboldaef, Natalia e Yeoman.


© by Abertal