O Concello

Departamentos

* Brigada de Extinción de Incendios 05/08/2019

Brigada de Extinción de Incendios

  O Concello de Camariñas ultima o  procedemento de contratación de peóns e condutores para a Brigada de Extinción de Incendios  

·        O prazo de presentación de solicitudes remata o luns, día 5 de agosto.  

O Concello de Camariñas segue na procura de peóns e condutores para a Brigada de Extinción de Incendios, e cuxo prazo de presentación de solicitudes remata o luns, día 5 de agosto.  

O proceso de selección de persoal laboral temporal, aberto desde o 27 de xullo, ten como finalidade a contratación de tres peóns da Brigada de Extinción de Incendios e un condutor peón, tamén para a brigada de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Camariñas.  

As condicións que se requiren para ocupar unha praza son: ser cidadán español; ter cumpridos os 18 anos de didade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa; e non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas.  

As solicitudes presentaranse en modelo oficial, que se achega como anexo ás bases, dirixidos á Alcaldia e no Rexistro Xeral das oficinas municipais do Concello -en horario de oficina- ou no rexistro telemático.


© by Abertal