O Concello

Departamentos

* O Concello de Camariñas alerta do perigo de facer barbacoas no merendeiro de Ariño 23/07/2019

O Concello de Camariñas alerta do perigo de facer barbacoas no merendeiro de Ariño

·Desde a entidade local vense na obriga de aplicar a lei, contraria a facer lume nesta área recreativa.
·Autorizarase nas festas locais ou de arraigada tradición popular.  

O Concello de Camariñas, aplicando a Lei 3/2007 do 9 de abril, de provención e defensa contra os incendios forestais, non permitirá a realización de lumes no merendeiro de Ariño.  

Durante o verán, o risco de incendios é especialmente elevado, polo que desde o Concello vense na obriga de protexer tanto a contorna como aos propios usuarios da área recreativa, en prevención dunha situación de risco para as persoas, animais e a natureza.  

A Dirección Xeral de Montes da Xunta de Galicia define 194 municipios como zona de alto risco de incendios forestais, entre os que se atopa o Concello de Camariñas.  

O Concello pode autorizar lume só cunha excepción: o que se faga para ocio ou preparación de alimentos dentro das festas locais ou de arraigada tradición popular.  

Autorización exepcional  

O próximo 25 de xullo o Concello de Camariñas organiza unha sardiñada para a Festa da Praia, posto que se trata dunha festa local de arraigada tradición popular que se celebra no merendeiro de O Ariño.  

Por outra banda a Xunta de Galicia pode autorizar lume en áreas recreativas sempre que conten cos requisitos, instalacións e equipamentos específicos que se sinalen regulamentariamente.  

O Concello está a promover un proxecto para contar con zona de grellas autorizadas pola Xunta para o merendeiro do Ariño, que espera poda estar realizada neste ano 2019. Mentres tanto, lembramos a prohibición de facer lume.  


© by Abertal