O Concello

Departamentos

* O Concello apoiará con todas as súas forzas ao Balonmán Camariñas 04/07/2019

O Concello apoiará con todas as súas forzas ao Balonmán Camariñas

·        Desde o goberno local destacan a “impagable labor que levan facendo polo municipio e polo balonmán desde hai moitos anos”.  

O Concello de Camariñas quere amosar o seu máis firme apoio ao Balonmán Camariñas debido á delicada situación que está a atravesar o club nestes momentos e que, sen lugar a dúbida, quedará solucionada nos próximos días.  

O club recoñece unha débeda coa Federación Española que está en disposición de asumir e pagar en catro anos. Nos próximos días a directiva será a encargada de decidir se vai a manter o equipo en Primeira Nacional ou noutra categoría pero sempre asegurando o futuro das categorías bases.  

Ante esta situación, o goberno local de Camariñas asegurou hoxe “o apoio do Concello en todo o que decidan xa que durante todo este tempo fixeron unha impagable labor polo municipio e polo balonmán, asumindo eles mesmos a xestión das escolas municipais cando, debido á crise económica, o Concello era incapaz de facelo”.  

“Son un exemplo de deportividade, traballo e bo facer e nós vamos a apoialos con todas as nosas forzas xa que noutros momentos o club apoiou ao Concello en malos momentos”, rematou Sandra Insua.


© by Abertal