O Concello

Departamentos

* A praia de Arou acollerá unha campaña educativa sobre xestión de residuos e desperdicio alimentario 26/06/2019

A praia de Arou acollerá unha campaña educativa sobre xestión de residuos e desperdicio alimentario

·        Será o sábado 6 de xullo de 10 a 14 horas.  

O próximo sábado, 6 de xullo, a praia de Arou no Concello de Camariñas será o escenario onde se leve a cabo o proxecto ‘Reparas?’, unha campaña educativa itinerante sobre prevención, reutilización, reciclaxe e compostaxe dos residuos urbanos.  

A través desta campaña, promovida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda co fin de fomentar a correcta xestión dos residuos domésticos, un equipo de monitores medioambientais desenvolverán de 10 a 14 horas na praia de Arou actividades para os máis pequenos e tamén para adultos.  

Entre estas actividades están unha exposición de paneis con proxeccións audiovisuais de contido ambiental, información e divulgación sobre os contidos da exposición, actividades dinámicas e tamén se atenderán as dúbidas e consultas do público.  

Todas as actividades son gratuítas e abertas ao público que se achegue á praia de Arou.

Para máis información:
Área de desenvolvemento local de Camariñas.
981 737 004 adl@camarinas.net www.camarinas.net.


© by Abertal